Baloiço da Serradela. Vieira de Minho. Portugal

Este bambán está ubicado na Serra da Cabreira, a 815 metros de altitude, e ofrécenos unhas magníficas vistas do val do Turio. Ten uns 7metros de altura e é imposible describir con palabras o que se sinte ao balancearse nel.
Hai un roteiro circular, PR4 VRM Turio, que se pode coller a esta altura e que ten uns 10,5km de lonxitude. E tamén outro de case 10km sinalizado como PR3 VRM Cabeço da Vaca.
Pola zona hai varios merendeiros onde poder sentarse a comer ou repoñer forzas ao aire libre, así como outros lugares de interese que vos deixo nunha das fotos adxuntas.
Espero que vos guste ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *