Esta cidade que non deixa indiferente a ninguén, respira arte, tradición e historia, moita historia. E senón que lle pregunten ao galo! Moitos de vós seguramente xa coñeceredes a historia deste símbolo nacional, pero por se acaso, debedes saber que o protagonista do seu ser foi un galego! Ao final vai ser certo iso que din que hai un galego en todas partes!
Pois ben, por esta localidade paso do Camiño de Santiago, fai moitos, moitos anos (a historia xa está recollida dende o ano 1867), un grave delito traía de cabeza aos seus habitantes. Foi entón cando un galego que peregrinaba a Santiago, lles pareceu bo culpable e ordearon aforcalo. Este pediu que o levasen ante o xuíz antes de matalo o cal, nese momento, dispúñase a comer xunto con algúns amigos un galo asado.
Aló, o peregrino afirmoulle ser tan certo que él era inocente coma que o galo cantaría cando o aforcaran. E así é que foi. Non vos asustedes que a historia remata ben. Non queda claro se o nó estaba mal feito ou foi Santiago a collelo polos pés, pero o peregrino salvouse e anos máis tarde mandou esculpir o Cruzeiro do Senhor do Galo, exposto no Museo Arqueolóxico da cidade.
Desfrutádea! 

