Branda do Alhal. Sistelo. Portugal

A pouco máis de 4 quilómetros da fermosa aldea de Sistelo, alcanzamos a Branda do Alhal, na que é a altitude a que marca a principal diferenza alcanzando os 740 metros, fronte aos 400 de Sistelo.
Cunha paisaxe completamente espectacular, unhas vistas magníficas e unha tranquilidade absoluta, é unha visita máis que obrigatoria! Por non falar do fermoso Miradoiro dos Socalcos, que queda en camiño entre Sistelo e esta branda e dende a cal a panorámica non deixa indiferente a ninguén.
Hai un par de rutas pola zona nas que se percorren algunhas das brandas, iso sí, preparade as pernas para facelas! 💪
Aquí vos deixo unhas fotiños da branda do Alhal e de un amiguiño de catro patas que fixen aló! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *