Cadeira da Raíña, na Serra de San Mamede

Este roteiro lineal duns 17 quilómetros sae da aldea de Correchouso e ascende case 600 metros ata acadar a Cadeira da Raíña, que conta cunhas vistas privilexiadas da Serra de San Mamede.
Ascéndese por pistas limpas e anchas, boas de andar de sacado o desnivel. Non é recomendable en días calurosos pois carece de sombra.
Desta mesma aldea podemos coller tamén o roteiro da Pista do Marroquí que vos presentarei noutra entrada e que non desmerece para nada ao aquí exposto 😍😎.
A disfrutar das vistas e da paz que aló se respira, e non queixarse da dureza do asento 😋
Pd. Ter coidadiño os días de verán. Cando fun, debaixo da pedra do asento, había unha serpe 🐍

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *