Estas pozas naturais formadas polo río Castro, son sen dúbida algunha unha visita obrigatoria se vos atopades pola zona. Con posibilidade de estacionar a carón da capela de San Eutel, datada do século XVII, un pequeno paseo a pé deixaravos nas pasarelas de madeira que conducen ata a espectacular fervenza que forma neste punto o curso do río.
Pero aínda que se cadra este sexa o atractivo máis chamativo deste pequeno roteiro, tampouco vos deixarán indiferentes as formacións rochosas que dan orixe ao seu nome, derivadas de anos e anos de erosión da auga sobre a pedra. Contades tamén na zona con unha área recreativa na que podedes repoñer forzas ou improvisar un xantar ou merenda campestre!
Espero que vos gusten! 
#galicia #galiciamaxica #galicia_enamora #galiciacalidade #galiciamola #galiciabonita #galiza #galizacalidade #galiciahistoria #galizahistoria #galiciacuriosidades #lugarescuriosos #naturaleza #natureza #nature #naturephotography #naturezaperfeita #historia #sendeirismo #trilhos #senderismo #rutas #fervenzas #Muxía #cascadas

