O camiño da Geira e dos Arrieiros.
No tramo do que vos falei fai un par de días, de Caldelas a Terras de Bouro, partimos desta poboación que nos sorprenderá coas súas augas termais e a súa Igrexa de Santiago, entre outros encantos.
Ubicada no corazón do Miño, entre Braga e Gerês, posúe unha localización perfecta para descubrir interesantes puntos de interese.
Déixovos unhas fotiños a maiores das que vos amosei o outro día correspondentes ao tramo completo que espero que vos gusten!
E xa aproveito a ocasión para ver se alguén me pode axudar con unha dúbida que teño… preto de Caldelas, no lugar de Real, hai unha edificación antiga en estado deteriorado da que non consigo saber nada. Alguén me pode dicir algo da súa historia? Quedan unhas fotos da mesma ao final.























