Xa fai un tempo que compartín con vós cada metro cadrado deste camiño de 240 quilómetros no que beleza e historia van da man de principio a fin. Pero como sabedes que son teimuda, para os que aínda estades a pensar se vos animades ou non, aquí vos deixo un tramo pequeniño de pouco máis de 10 quilómetros, que podería considerarse un dos meus favoritos do lado galego.
Entre os seus atractivos eclesiásticos están as igrexas de Berán, Lebosende e Pazos de Arenteiro. Esta última localidade, onde pazos, casonas e até dúas pontes medievais comparten espazo nun lugar con máis de 1000 anos de historia documentada, constitúe un magnífico exemplo da arquitectura tradicional galega.
Tamén visitaremos a aldea abandonada de Viñoá, na que as súas ruínas aínda dan para facerse unha idea da magnitude da mesma. Todo isto a través de viñedos e bosques autóctonos, nun camiño ben sinalizado, limpo e con abundante sombra.
Veña, facédeme caso, non tedes nada que perder e moito para gañar! Ahí vos quedan unhas fotiños! 

