Como teño feito outras veces, vou facer unha excepción ao falar deste roteiro pertencente a Castela e León, porque o seu interese cultural e fermosura ben o merece e porque os galegos tamén viaxamos.
É un roteiro para o que é preciso unha reserva previa e ten un custo de 8 euros. Debe realizarse nun horario definido e nunhas horas determinadas que son máis que suficientes para levalo a cabo. Á entrada daranche un chaleco reflectante, unha lanterna e un mapa.
Este percurso de 17km parte da antiga estación de ferrocarril de La Fregeneda e atravesa 20 túneles e 12 pontes seguindo o trazado ferroviario coñecido como “La Línea del Duero”, construído a finais do século XIX para unir Oporto con España. Ao rematar a ruta, un autobús recóllete e lévate de novo ao inicio.
No terceiro dos túneles vive unha das maiores comunidades de morcegos de toda a península o que nos obriga a ir en silencio e coa luz da lanterna orientada cara os pés para non molestalos. É impresionante o son que producen. Hai un percorrido alternativo para evitar este túnel se se prefire ou obrigado a realizar en época de cría.
O camiño é sinxelo, cunha lixeira pendente descendente. Non recomendable en días moi calurosos pois de sacado os 4km que se fan por túneles, o resto carece de sombra.
A paisaxe vai mudando según imos andando ata transformar as pedras escarpadas da ladeira e a densa vexetación ás beiras do río en campos de olivos, cactus e vides.
Cada kilómetro faise digno de ser camiñado. É totalmente recomendable 



















