Camiño de Santiago de Piñeira a Allariz

Este tramo que vos vou ilustrar hoxe conta con algo máis de 11km só a ida. É un roteiro lineal que parte do aparcamento que hai enfrente ao restaurante Novaíño, ubicado na N525 e pertencente á parroquia de Piñeira de Arcos.
Xusto ao lado do aparcamento pódese enganchar o Camiño de Santiago que nos adentra nun fermoso bosque con sendeiros pintorescos. Ten un pequeno tramo de asfalto que, ao pasar Piñeira de Arriba, nos deixa a man esquerda un muíño rehabilitado digno de visita (vese dende o propio camiño).
Atravesaremos Torneiros, onde se atopa Ecoleia e as súas vaquiñas, productoras da leite ecolóxica de Allariz.
Tamén San Salvador dos Penedos e os burriños da asociación Andrea. Dende a primeira vez que puxen un pé aló fíxose un sitio especial para min. É un lugar practicamente despoboado pero cunha paz, unha paisaxe, un non sei que, que te atrapa e te fai voltar unha e outra vez.
Dende ahí baixaremos por Paicordeiro ata adentrarnos en Allariz onde podemos repoñer forzas cuns amendoados típicos da vila.
O camiño está perfectamente sinalizado e limpo, e aínda que conta con descenso ao final do traxecto é perfectamente asumible para todos os públicos.
Espero que vos guste!😍😎

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *