Camiño de Taverneiro. Etapa 1: de Salvaterra a Ponteareas.

Esta ruta, feita históricamente por peregrinos procedentes de Braga e das zonas portuguesas e galegas máis próximas ao seu trazado, debe o seu nome a Ignacio Taverneiro, precisamente un peregrino falecido na Estrada no ano 1784 durante o regreso da súa peregrinaxe.
Dende Salvaterra a Santiago de Compostela, cunha proposta de execución dividida en 9 etapas, dou comezo hoxe coa primeira delas na que partimos de Salvaterra, onde a súa fortaleza xunto coa Igrexa de San Lourenzo e o Cruceiro da Peregrina, o parque da Canuda e o fermoso río Miño nos darán a benvida.
Chegaremos así ao río Tea, claro protagonista desta etapa, e que nos embelesará coa cor das súas augas. A súa beira descubriremos unha gran variedade de puntos de pesca da famosa lamprea, a Ponte de Fillaboa e a Ponte das Partidas.
Unha vez abandonamos as súas augas, descubriremos diferentes cruceiros, petos de ánimas e a espectacular Igrexa de Angoares, que conta cunha impresionante colección de canzorros e que nos sitúa preto do punto final, Ponteareas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *