Camiño de Taverneiro. Etapa 3. De Pazos de Borbén a Ponte Caldelas.

Con pouco máis de 18 quilómetros de lonxitude, esta etapa levaranos por lugares coma A Ermida, Moscoso, A Curuxeira, o encoro de Eiras, Barbudo, Rebordelo e Covelo. Será múltiple e variado o patrimonio que ao noso paso atoparemos. Petos de ánimas, cruces e cruceiros, canastros, igrexas, capelas e singulares casas, serán algúns dos nosos compañeiros neste traxecto.
Pero non todo vai ser maravilloso. É a miña obriga advertirvos que esta etapa conta con dúas subidiñas considerables carentes de sombra, co cal moito coidadiño en días calurosos nas horas centrais. Podedes abastecervos con algo fresquiño tanto á saída en Pazos de Borbén coma á chegada en Ponte Caldelas. Tamén na aldea de Barbudo hai un bar aínda que cun horario reducido.
Ahí vos van algunhas fotiños á espera de que vos gusten! 🤗

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *