Camiño de Taverneiro. Etapa 3. De Pazos de Borbén a Ponte Caldelas. Pazos de Borbén, A Ermida, Moscoso e Calvos.

O noso punto de partida nesta terceira etapa será Pazos de Borbén, onde chama especialmente a atención a arquitectura de certas casas, ao igual que na Ermida e en Moscoso. Moitas delas feitas a cabo por emigrantes retornados e con características que as fan singulares e, dende o meu punto de vista, realmente fermosas.
Pero non serán estas construcións as únicas que capten a nosa atención, senón tamén a cantidade de patrimonio que podemos ver tanto polo camiño en sí coma nas propias aldeas. Cruces, cruceiros, impresionantes petos de ánimas, canastros, lavadoiros antigos, igrexas e capelas non han de faltar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *