Encoro e presa de Eiras e aldea de Barbudo.
O derradeiro día quedamos no lugar de Calvos, coa súa igrexa e lavadoiro con peto de ánimas, e dende a que colleremos camiño cara o encoro de Eiras e a súa presa. Esta foi construída no ano 1977 e conta cunha lonxitude de 191 metros e unha altura de 51 metros.
Ubicada sobre as augas do río Oitavén, forma parte do noso camiño xa que teremos que atravesala para continuar.
A través dunha pequena subida alcanzamos a seguinte aldea, Barbudo, na que o primeiro que captará a nosa atención é un impresionante peto de ánimas de tres corpos coroados por tres cruces. Pero non todos eles foron feitos na mesma altura, senón que hai nada menos que cen anos de diferenza entre o central (de 1888) e os laterais (de 1988). E continuando coas peculiaridades deste peto de ánimas, dicir que conta cun reloxo de sol e un gravado que reza así: “Lo que aquí se pasó es cosa que causa horror. Hay de ti si te condenas te será peor”.
Ahí queda iso! O que sepa o que pasou que o conte por favor! 
Espero que vos guste! 

