Camiño de Taverneiro. Etapa 6. De Pedre a Codeseda.

Conxunto de Serrapio.
Como vos dicía o outro día, neste tramo existen varios puntos de interese que non poden quedar sen un pouco máis de protagonismo, e este é un deles. Alén da fermosa panorámica do val que nos ofrece dende o alto e as súas casas antigas, claro exemplo da arquitectura tradicional galega, nesta aldea hai un conxunto arquitectónico que non nos pasará desapercibido.
De camiño cara a cima atoparemos diferentes cruceiros e cruces, un pombal en perfecto estado de conservación e unha capela de estilo barroco que tiven a grandísima sorte de poder ver por dentro. Foron uns veciños quenes me explicaron que eles mesmos levaran a cabo unha importante labor de conservación e mantemento da mesma, e non podo menos que darlle os meus parabéns polo seu magnífico traballo.
Pénsase que tal vez o obxetivo de todos estes elementos era santificar posibles cultos pagáns que poderían facerse nas pedras máis altas. Fose ou non fose, é unha visita máis que obrigatoria se estades pola zona e, como non, se facedes este fermoso camiño.
Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *