Decirvos que nestes 14,5 quilómetros de lonxitude teremos un pouco de todo. Durante a primeira metade do percorrido seremos sorprendidos por xoias coma a ponte de Pedre, a capela de San Lourenzo co seu pombal e cruceiros, a capela da Purísima Concepción e San Benito, a capela de San Xosé, o conxunto de Santo Tomé de Quireza e a igrexa de San Xurxo de Codeseda, entre outros.
A primeira parte desta etapa lévanos principalmente por camiños asfaltados e aldeas, mentras que na segunda parte desfrutaremos da natureza en estado puro e tamén da sombra, que se agradece en días coma hoxe.
Todo o camiño está limpo e perfectamente sinalizado. E na metade do mesmo, pouco antes de chegar á igrexa de San Tomé, tedes unha fonte e tamén unha cafetería onde podedes abastecervos. Facédeo, pois o roteiro conta con dúas subidas, unha moi levadeira antes deste punto e outra un pouco máis complexa despois.
Vou compartir con vós algunhas fotos desta etapa aínda que nos vindeiros días falareivos máis pormenorizadamente destas xoias que ben merecen un pouco de explicación e detalle. Espero que vos guste! A min persoalmente encantoume! 

