Camiño de Taverneiro. Etapa 6. De Pedre a Codeseda.

Conxunto de Santo Tomé de Quireza.
Se o último día vos deixaba co conxunto arquitectónico de Serrapio, o seguinte que captará sen lugar a dubidas a nosa atención será o de Santo Tomé de Quireza, ubicado no lugar de Os Castros, aínda no concello de Cerdedo-Cotobade.
Á nosa entrada atoparemos un maxestuoso cruceiro que dará paso ao que resta da antiga casa reitoral, a nosa esquerda, e un viacrucis, a man dereita. Deste último cabe resaltar que seremos sorprendidos no derradeiro cruceiro con unha talla do Apóstolo Santiago con atributos de peregrino.
E ao final do conxunto a igrexa, con planta de cruz latina e tres naves na central, e na que queda reflexado un traballo feito en diferentes momentos da historia. E ao seu redor, un interesante cemiterio que combina sepulturas de terra e de parede.
Espero que vos guste! 🤗

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *