Camiño de Taverneiro. Etapa 7. De Codeseda ata A Estrada.

Antes de describir esta etapa, debo dicir que a partir deste punto, o Camiño de Taverneiro e o da Geira e dos Arrieiros comparten trazado ata a súa chegada a Santiago de Compostela. E agora sí, aló vou coa etapa sete!
Con pouco maís de 13 quilómetros de lonxitude, este tramo parte de Codeseda, que sorprende co seu cruceiro barroco e a súa igrexa románica datada de 1175, e que formaba parte dun antigo mosteiro feminino da Orde de San Bieito. Despois da visita a estes monumentos, fermosos cursos de auga, variadas florestas e estradas con encanto serán as nosas compañeiras de viaxe.
É así como chegaremos ás aldeas de Paredes e a de A Consolación, co seu peto de ánimas, capela e cruceiro, e outro exemplar excepcional do románico na Igrexa de Santiago de Tabeirós. Atravesando Sandán alcanzamos a Igrexa de San Xiao de Guimarei e, rodeando o Pazo en ruínas de Guimarei, a través dun denso bosque, entramos no punto final da etapa, A Estrada.
Os camiños son bos, están limpos e ben sinalizados. Esta etapa non ten grandes desniveis nin dificultade técnica. A única consideración a ter en conta é que hai un pequeno tramo que tende a acumular auga en época de choivas.
Espero que vos guste! 🤗

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *