Camiño de Taverneiro. Etapa 9. De Pontevea a Santiago de Compostela.

Con tendencia predominantemente ascendente, facemos fronte a esta etapa duns 19 quilómetros adentrándonos en Pontevea e collendo cara Reis, onde a súa igrexa e cruceiro captarán a nosa atención. Pero non serán os únicos, xa que despois destes coñeceremos os de Rarís, Recesende e A Igrexa, a través de camiños asfaltados e algún que outro pequeno tramo de monte.
Da man das brañas do río Sar, descubriremos a espectacular Colexiata de Sar, á que historia non lle falta, e que nos dará paso ás pintorescas rúas do casco vello de Santiago de Compostela ata chegar á praza do Obradoiro, onde nunca esquecerei a fermosa estampa que ofrece esta maxestuosa catedral.
O camiño está limpo pero a sinalización é mellorable. E teño que dicir que aínda que non é a miña etapa preferida, chegar a pé á catedral de Santiago de Compostela é unha experiencia única! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *