Camiño dos Cerqueiros. Parque Natural Fragas do Eume.

Este percorrido circular, duns 8,5 quilómetros de lonxitude, achéganos ao espectacular miradoiro da Carbueira. Dende aquí teremos unhas fermosas vistas dos canóns do encoro so Eume.
O roteiro transcorre por amplos camiños forestais en perfecto estado e un pequeno tramo final por asfalto. Está sinalizada e ten espazo para estacionar o vehículo no punto de saída. A pesar de que practicamente todo o roteiro conta con pendente, carece de dificultade técnica algunha.
Ollo nos días de calor xa que a súa maior parte é descuberto e levade bebida suficiente porque non hai ningunha fonte na que abastecerse.
Espero que vos gusten as fotiños ❤️!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *