Nesta etapa duns 28 quilómetros de lonxitude, percorreremos variadas paisaxes cun denominador común, a súa beleza sen igual.
Acolledoras praias, espectaculares acantilados, complexos dunares e a desembocadura do Anllóns serán algúns dos atractivos deste tramo. Tamén a aldea e o faro do Roncudo, as rochas onde os percebeiros levan a cabo o seu difícil traballo, Corme e o seu porto pesqueiro e Ponteceso que nos recibe coa súa ponte fronte a que foi casa de Eduardo Pondal.
Aínda que conta cun tramo inicial de maior complexidade, a partir da chegada ao faro do Roncudo todo mellora. Os camiños están limpos e ben sinalizados. E como vos advirto sempre neste maravilloso camiño, ollo coas condicións climatolóxicas! Ides ver que as fotografías foron sacadas en dous días diferentes precisamente porque debido ao vento foime imposible levala a cabo toda nun día.
Espero que vos gusten! 
#galicia #galiciamaxica #galicia_enamora #galiciacalidade #galiciamola #galiciabonita #galiza #galizacalidade #galiciahistoria #galizahistoria #galiciacuriosidades #lugarescuriosos #naturaleza #natureza #nature #naturephotography #naturezaperfeita #historia #sendeirismo #trilhos #senderismo #rutas #camiñosdosfaros #niñóns #ponteceso #corme #roncudo

