Camiño Natural de San Rosendo. Tramo de Celanova á Igrexa da Nosa Señora das Marabillas

O camiño natural de San Rosendo está formado por varias etapas que o enlazan. É un camiño lineal de ida soamente. Nós acurtamos un pouco o tramo porque decidimos facela ida e volta. En concreto, ida e volta, son 22km o que camiñamos hoxe.
Os sendeiros están limpos e son bos de andar aínda que a sinalización é deficiente e faise preciso levar algún tipo de axuda para orientarse.
Nós comezamos na Igrexa da Nosa Señora das Marabillas para poder facer un cafeciño ao chegar a Celanova. A ruta ten zonas realmente preciosas, entre elas un tramo que discorre pegadiño ao río, a aldea de Vilanova dos Infantes e como non, Celanova.
Moi recomendable 🤗❤

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *