Canle do Ruca. Concello de A Merca

Este pequeno roteiro duns catro quilómetros ida e volta, parte da aldea de Rubillós, adentrándose nunha fermosa fraga que nos levará por esta obra de enxeñería que nunca chegou a ser de utilidade. Levada a cabo na década dos 30, tiña como obxetivo producir electricidade a través da forza da auga e como autor a Francisco Conde Valvís, apodado O Ruca.
Ademáis da propia canle, ao noso paso podemos ver o que resta dunha comporta que regulaba a entrada de augas na mesma e outra final que dosificaba o paso de auga ás turbinas, a casa de máquinas, dous muíños de dimensións considerables e un túnel. Todo isto acompañados do son das augas do río Arnoia.
Como vedes, aínda que o roteiro é curto está cargadiño de historia e a paisaxe é realmente espectacular. En caso de querer andar máis, hai varias prolongacións posibles deste roteiro.
Non vos defraudará! 😍

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *