Canón do Sil – Santa Cristina. PR-G 98. Ribeira Sacra. Galicia.

Ahí vos vai outra do meu listado de favoritas que iniciei días atrás… A ver que vos parece! 😏
Miradoiros espectaculares sobre os canóns do río Sil, coma o do curral do penso, o dos balcóns de Madrid ou o da Mirada Máxica; as ruínas dun antigo foxo do lobo, o mosteiro de Santa Cristina, que conta con máis de mil anos de historia, pintorescas aldeas, densos bosques de carballos e soutos de castiñeiros que nos darán abrigo ao longo deste camiño. Non minto, encanto non lle falta!
Circular e duns 18 quilómetros de lonxitude, teño que dicir que non é precisamente doada. Iso sí, é posible adaptar o roteiro para diminuir o grao de dificultade e a súa distancia. Tedes no wikiloc e no Sports Tracker unha proposta alternativa! Aínda así, teño que dicir que paga a pena facela enteira!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *