Esta capela, á que se accede a través dun fermoso roteiro dende Pitões das Júnias, ten unha orixe totalmente descoñecida. Non se sabe nin cando nin quen a mandou construir, ou polo menos eu non o atopei en ningún sitio.
Seica todos os anos, no primeiro domingo despois do día de San Xoán, a maior parte dos habitantes de Pitões das Júnias cumpren a tradición relixiosa, tamén de orixe descoñecida, subindo ao alto da serra en romaría ao santo que protexe a aldea. E non é unha subida sinxela. Iso si, as vistas son inmellorables.











