Fai tan só uns días, falábavos dalgúns dos tesouros que agocha este concello, entre eles esta fermosa carballeira coñecida por ser unha das máis belas de Galicia. Tanto é así, que foi o lugar elixido por José Luis Cuerda no ano 1987, para a rodaxe de moitas das esceas da película “El Bosque Animado”.
Existe un pequeno roteiro coñecido coma a “Ruta da Carballeira” que vos levará polos camiños máis pintorescos. Ideal para levar aos vosos peludos e tamén para días calurosos xa que a zona é especialmente sombría.
Asegúrovos que o lugar é totalmente de conto. Encantounos! 

