Hoxe vouvos amosar este descubrimento que fixemos fai nada. Cando imos ver sitios un pouco lonxe da casa, acostumamos comer nalgún recuncho acolledor da natureza e… mirade o que atopamos!
Esta gran área recreativa non só conta cun gran número de carballos, senón que tamén acolle unha colección de obras de arte, a maior parte delas esculturas de Sergio Portela, que foron traídas aquí no ano 2009. Trátase de 4 “misteriosas” figuras e xa veredes o por que digo isto.
E nós somos máis ben de tirarnos na herba para comer, pero aquí non é preciso pois mesa non falta
. Unha gran mesa de 33 metros de longo e 3,5 metros de ancho preside a carballeira integrándose perfectamente no entorno. É obra do arquitecto galego César Portela, pai do escultor mencionado antes.








