Carballo e os seus murais.

Derrubando muros con pintura é unha iniciativa de arte pública promovida polo Concello de Carballo que, desde 2013, pretende mellorar e embelecer e faciana do municipio, pintando paredes e rexenerando espazos deteriorados.
Deste xeito, Carballo fíxose un oco no mapa da arte contemporánea urbana e as súas rúas convertéronse nun museo ae aire libre. Formando parte do proxecto, desde 2015 celébrase o Rexenera Fest, un festival onde se convidan artistas de renome internacional.
Na oficina de turismo poderedes facervos con esta información, así coma cun plano sobre a ubicación de cada un deles. Na app gratuíta Sports Tracker tamén atoparedes o track do meu roteiro pola cidade, no cal visitei a maior parte dos mesmos.
Ahí vos vai unha primeira entrega de fotiños dalgúns deles xa que hai máis dunha centena 😅🤣. Espero que vos gusten!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *