Na parroquia de Manín e lugar de Compostela, podemos atopar o que resta dunha impresionante edificación na que historia e lenda se mesturan inevitablemente. Segundo a documentación que se conserva, foi construída polo Abade de Manín, don José Martínez y Parga (que se cree que pertenceu á Inquisición) no século XVIII. Trala súa morte foi pasando duns clérigos a outros até a desamortización de Mendizábal no ano 1836. A día de hoxe pertence un 75% ao estado e o resto a mans privadas.
Presenta unha capela á entrada a man dereita na que se pode apreciar no dintel unha inscripción que reza “Sacellum D. Joseph”, un gran patio interior con escaleiras a man dereita e esquerda e unha impoñente balconada na parte posterior.
Son múltiples as lendas e contos relacionados con esta casa. Din que o último habitante da mesma foi un policía do outro lado da fronteira coñecido coma o Tío Roque. Este home dicía que vía unha pantasma dun freire con xoroba ao que lle chamaban “Marrequiño” e que seica viviu aló no século VIII e adicábase a matar aos xornaleiros portugueses que contrataba para non ter que pagarlles e logo enterrábaos no patio e así sucesivamente. Ahí volo deixo quedar. 










