O último día compartía con todos vós unhas fotos antigas ubicadas neste valioso museo, coa promesa dunha próxima publicación coas dos utensilios e ferramentas de traballo que aló podedes ver.
Pois ben, aquí vos van! Relacionados principalmente coa gandeiría, agricultura, minería, costura, e co traballo da lá, do liño e do coiro, estes son soamente algúns dos que poderedes atopar na Casa do Capitão.
Espero que vos gusten! 

