Casa do Capitão. Vila de Salto. Montalegre. Portugal.

Onte falábavos da vila de Salto e da visita máis que obrigatoria ao museo que alberga esta casa, da que xa hai constancia dende finais do século XVII e que chegou a ter unha grande relevancia no seu momento. E é que era a que contaba coas mellores propiedades, a que máis vacas alimentaba e a que tiña unha edificación de maior notoriedade.
O crecemento da mesma veu dado por cuestións políticas e fructíferas alianzas matrimoniais. E de ahí a necesidade de abundante man de obra, chegando a contar a finais do século XIX con 8-9 criados, así coma de infraestructuras acordes ao traballo desenvolvido na mesma.
Hoxe vou compartir con vós unhas fotos antigas que forman parte do museo que alberga e, proximamente, outras dos utensilios e ferramentas de traballo que alí podedes ver. A entrada ao museo é totalmente gratuíta.
Espero que vos gusten! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *