Casa reitoral de San Xoán de Barrán. Concello de Piñor

Ao carón da igrexa de San Xoán de Barrán atopamos o que resta desta xoia arquitectónica que, polo estado de abandono que presenta, non sei canto tempo máis formará parte do noso patrimonio.
De cronoloxía incerta, sábese que existen referencias da mesma no ano 1743. Nos pisos de abaixo acumúlanse restos de madeira de mobles antigos así como escombro procedente do piso superior e cuberta. Tamén atopamos restos dun antigo forno.
Impresiona pola súa beleza o seu patio interior, cunha fermosa balaustrada de pedra no piso superior e columnas no inferior. Tamén unha gran chimenea con tres pináculos.
Enriba dunha das fiestras, podemos apreciar malamente unha inscripción realizada na pedra que fai referencia ao Mosteiro de Oseira.
O acceso ao interior é imposible polo seu estado de deterioro e para apreciar o patio xa é preciso non terlle medo ás silvas 😅. Aínda así, direi que todo esforzo paga a pena 😍.
Un fermoso cruceiro forma parte da entrada a este conxunto.
Espero que vos guste! 🥰

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *