Casas Indianas en Galiza

Hoxe toca falar de arquitectura, concretamente dun estilo que a finais do século XIX acadou gran sona e prestixio entre a sociedade burguesa.
Este estilo xorde a raíz do primeiro gran movemento migratorio entre a segunda metade do século XIX e as primeiras décadas do XX, onde quenes emigraban na procura de traballo ao continente americano, predominantemente ao sur, unha vez retornados ao seu lugar de orixe, enriquecidos moitos deles, buscaban vivir comodamente o resto da súa vida nestas casas.
A maioría destas edificacións podemos atopalas máis ben no litoral galego ou próximas, e os lugares aos que con máis frecuencia se emigraba foron Cuba, Arxentina, Brasil, Uruguai, Porto Rico e ocasionalmente Florida, o que sen lugar a dúbidas influíu considerablemente no deseño destas vivendas.
Entre as que a continuación vou compartir con vós, chamoume a atención especialmente unha delas, datada de aproximadamente os anos trinta, e que desafortunadamente non podo dicir que sexa única!
Foi a familia Martínez Garrido quen decidiu rendir homenaxe á obra de Cervantes convertindo a fachada da súa casa nunha obra literaria, tanto na súa vivenda galega, en Pontecaldelas, coma na de San Salvador de Bahía, en Brasil, da que foi copiada a anterior.
Cada un dos azulexos, fabricados en Sevilla, representa unha escea do libro “El Quijote”, con lectura en vertical ata o total de 66 esceas diferentes. Pero non remata a historia con estas dúas casas senón que aínda temos unha terceira copia en Moscoso, no concello de Pazos de Borbén, pertencente a outra persoa.
Espero que vos guste!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *