Nesta ocasión vouvos levar ao outro lado da fronteira para descubrirvos dous lugares realmente fermosos. Este percurso ten o seu punto de inicio na fervenza do Arado, ata onde se pode chegar practicamente en coche e que conta cun estacionamento un pouco antes e outro un pouco despois da mesma.
Este roteiro colle un tramo da PR-14 e outro tramo da GR-50 ata preto do Poço Azul, onde nunha bifurcación colleremos á esquerda e acompañaremos o río até atravesalo e subindo un pouco máis chegar á poza.
O itinerario é lineal, ida e volta son polo mesmo sendeiro, aínda que ao cruzarse con outras rutas pódese ampliar en caso de querer camiñar máis. Dende a fervenza do Arado ata o Poço Azul hai uns cinco kilómetros, dez en total ida e volta.
O camiño está limpo pero para chegar sen dificultade recomendo o emprego dalgunha ferramenta de orientación ou aplicación ao non haber un roteiro exclusivo que chegue aló.














