E continuando pola zona, vouvos presentar un lugar que aínda que xa coñecía, nunca apreciara en todo o seu esplendor pola falta de auga. Na freguesía de Lara atopamos esta fermosa fervenza encaixada entre dúas grandes paredes rochosas.
Dende a propia aldea, un curto percorrido por pasarelas de madeira, levaranos ata esta caída de auga, amosándonos polo camiño varios muíños antigos, algúns en mellor estado de conservación do que outros dos que xa pouco resta.
No fondo hai un merendeiro e o lugar é totalmente idílico para un picnic cando faga bo tempo. Aínda que para visitar a fervenza este paseo é curto, podedes amplialo co “Trilho da Cascata do Fojo”, duns 8 quilómetros escasos de lonxitude e dúas horas de tempo estimado para a súa execución. Como aínda teño esta rutiña pendente, de momento non vos podo contar máis.
Ahí vos van unhas fotiños do paseo ata a fervenza á espera de que vos gusten!

