Hoxe vou compartir con vós a miña derradeira descuberta neste maravilloso lugar que non deixa de sorprenderme. Son moitas as veces que fun, e espero e desexo que moitas máis as que me queden por ir, pero pese a iso, cada vez que o visito, vexo algo novo.
Nesta ocasión foron as fermosas “cascatas das Caldeiras do Pereira” as que captaron de cheo a miña atención. A pouco máis de dous quilómetros e medio do centro da aldea, cunha baixadiña considerable para ir e unha subida literalmente igual de considerable para voltar, atoparemos a idílica poza que forman as augas na súa caída.
A propia fervenza non está sinalizada co cal se fai preciso algún tipo de soporte para chegar a ela. Aínda así, comparte unha parte do percorrido co “trilho do pastoreio” e todo o camiño está limpo e é realmente fermoso cunhas vistas espectaculares. Paga a pena o esforzo, prometido!
Espero que vos guste!

