Castelo da Pía Da Moura. Gran Ruta Transfronteiriza Gerês-Xurés

Etapa 5. De Lobeira a Entrimo
Ubicado nun destacado outeiro coroado cun tremendo bolo granítico, este lugar ofrece unhas espectaculares vistas sobre o Parque Internacional Gerês- Xurés.
A fortificación aproveita as defensas naturais do prominente afloramento rochoso, no que se erguía unha potente torre. Na súa base percíbense os rebaixes na rocha para asentar os perpiaños de pedra que están ciscados polas ladeiras do monte.
No seu interior distínguense as escadas de acceso á torre, os dous alxibes e diferentes covas entre os penedos, que puideron funcionar tamén como abrigos naturais.
Contan que a Pía da Moura, que serviu de alxibe para o abastecemento de auga do castelo, foi trasladada por unha moura, que a levaba sobre a súa cabeza sen deixar de fiar con sete fusos.
Outra das lendas di que o mozo que vexa á moura, que nestes penedos habita, en noite de luar, namorarase perdidamente dela e non poderá marchar. En Entrimo é tradición vir a poñerlle unha bandeira a este enorme bolo.
Podedes visitalo seguindo o trazado da etapa 5 da Gran Ruta Transfronteiriza, tamén seguindo o roteiro arqueolóxico natural : Os Castelos-Pía da Moura, ou no camiño do Val do Pacín e Pozo Caído. Non vos queixaredes que non vou dou alternativas! 😋

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *