Castelo de Pambre. Palas de Rei. Galicia.

Como vos dicía onte cando dos falei do roteiro que enlaza o Castelo de Pambre coas Torrentes de Mácara, a visita a este punto é máis que obrigatoria. Esta fortaleza foi levantada no século XIV por Gonzalo Ozores de Ulloa e alberga no seu interior a capela románica de San Pedro e unha impresionante torre de homenaxe de nada menos ca tres prantas e once metros de altura.
Pode gabarse de ser o único castelo galego que se mantivo en pé tras os ataques dos irmandiños. E despois desta época exerceu variados roles coma ser centro de custodia do Camiño de Santiago, lugar de cobro de impostos e centro de explotación agrícola.
Actualmente conta no seu interior con unha exposición que permite coñecer mellor este monumento. O prezo agora mesmo é de 3 euros por entrada para os adultos e é preciso consultar o horario de apertura antes de visitalo para ir ao seguro. Sen dúbida, algunha paga a pena! 🥰

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *