Castro Caldelas – mirador de As Penas de Matacás

Este roteiro circular de preto de 16km parte de Castro Caldelas chegando ao mirador das Penas de Matacás atravesando fermosos campos de viñedos que nos conducen a unhas vistas inmellorables.
Aínda que conta cunha baixada pronunciada para comezar ( duns dous kilómetros e pico), seguida dunha subida contundente entre viñedos (durante os seguintes 700m), o resto é bastante fácil de camiñar. En caso de non querer ou poder andar tanto, pódese chegar en coche ata relativamente preto do mirador.
No percurso atravésanse diferentes pobos nos que poder refrescarse e só hai un pequeniño tramo de asfalto.
Moi recomendable o roteiro e imprescindible o mirador! 😎❤

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *