Castro de Baroña. Porto do Son

Por todos é sabido xa que Galicia é un dos lugares da península con maior cantidade de castros pero hoxe vouvos a falar deste, emprazado sobre un pequeno istmo rochoso, rodeado polo mar e con vistas á praia de Area Longa. Que máis se pode pedir? (Para o meu gusto algo menos de vento pero vaia, que xa é por poñerse “tiquismiquis”🤣)
Este castro estivo habitado dende o século I a.C ata o I d.C. e precisamente pola súa ubicación conta con varias murallas e defendíase de posibles ataques grazas a un gran foso. Dentro da península do castro podemos atopar dous conxuntos de construccións e a croa, parte máis alta do castro formada por unha construcción rochosa da que se di que tal vez podería ser unha especie de santuario. En total falamos de aproximadamente unha vintena de vivendas celtas.
É o asentamento arqueolóxico da Idade de Ferro máis importante de Galicia e foi declarado Patrimonio Artístico Nacional e Ben de Interese Cultural no ano 1933.
Unha vez aló, é obrigada unha visita ao entorno e aos seus areais xa que Porto do Son é unha das localidades galegas con máis praias dentro dos seus límites territoriais.
Espero que vos guste ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *