Combarro. Concello de Poio

Combarro é deses lugares que sempre figura entre as vilas con máis encanto de Galicia, e non é sen razón. Declarada Ben de Interese Cultural na categoría de Conxunto Histórico en 1972, esta vila mariñeira situada no interior da Ría de Pontevedra é unha visita obrigada se aínda non a coñecedes e un lugar ao…

Ler máis

San Salvador de Soutomerille. Castroverde

Adentrándonos no fermoso camiño que, entre carballos e castiñeiros, leva aos peregrinos cara Santiago de Compostela, podemos descubrir a beleza e maxia deste lugar. O primeiro que atoparemos a man esquerda é o pouco que resta dunha casa señorial, a Casa Torre de Arriba, engulida practicamente na súa totalidade pola maleza. Pese a iso, podemos…

Ler máis

Un curto camiño dende a igrexa de Santiago de Loureiro adéntranos nun monte alto ata chegar ao que resta da aldea de Arufe. Tamén é posible visitala a través dun roteiro circular duns 12km de lonxitude do que xa vos falei anteriormente, pero do que vos deixo adxunta unha imaxe da súa descripción para evitarvos…

Ler máis

Espartedo. Nogueira de Ramuín

Hoxe vouvos presentar outro deses lugares especiais para min e ben pouco coñecidos. Pola súa fermosura, aínda no estado ruinoso no que se atopa grande parte da aldea, pola súa arquitectura, os seus camiños, a súa ubicación e o entorno. Tan pronto puxen un pé neste pobo quedei namorada . Oxalá tivese o poder na…

Ler máis

Soajo. Portugal

Hoxe volvo cruzar os lindes para falarvos de Soajo, un lugar máxico moi preto da fronteira galaico-portuguesa, que conta con múltiples encantos. Sen entrar na beleza das súas construccións e o esmero co que se coida a arquitectura tradicional, vou aproveitar a ocasión para amosarvos espigueiros, pozas e vistas. A escasa distancia do meollo de…

Ler máis

Santoalla do Monte ❤️

Este pobo ten tras de sí unha triste historia. Agora mesmo ten como única habitante a unha muller que, polo pouco que sei dela, ten que ter un gran corazón. Pese ao estado ruinoso no que se atopa e ao sucedido aló tempo atrás, tan pronto te vas achegando ao pobo es invadido por unha…

Ler máis

Aldea de Santandré

A aldea de Santandré foi un pobo onde os seus veciños eran case todos da mesma familia. A súa singularidade reside en que foi rehabilitada case na sua totalidade por un veciño da zona. A respetuosa intervención nas casas que forman a aldea deixa ver os elementos máis típicos da arquitectura tradicional galega, coma os…

Ler máis