Vía Nova ou Vía XVIII. De Bracara Augusta a Asturica Augusta. Tramo entre Vide e Foncuberta. Galicia.

Con 14 quilómetros escasos de lonxitude, preséntovos este roteiro que camiña polas proximidades da antiga Vía Nova para ensinarnos aldeas tradicionais coma Vide, Xocín ou Foncuberta. Con atractivos coma as súas antigas edificacións, que reflexan á perfección a arquitectura tradicional galega, ermidas, hórreos, muíños, fornos e até un miliario con cruz e peto de ánimas,…

Ler máis

PR 8. Ruta de D. Nuno (versión reducida). Salto. Portugal.

Fai uns días que vos recomendaba encarecidamente a ruta da Floresta Encantada de Salto. E hoxe achégovos outros 16 quilómetros circulares que podedes unir co anterior roteiro completando así o “Trilho de D. Nuno”, cunha extensión total duns 24 quilómetros. É dicir, que se non queredes camiñar tanto ou non tedes tempo suficiente, tedes a…

Ler máis

PR 9. Trilho de Castelo de Monforte. Chaves. Portugal.

Este roteiro circular, duns 11 quilómetros de lonxitude, lévanos a coñecer a través de camiños en perfecto estado de conservación e con boa sinalización, aldeas coma a de Avelelas ou Sobreira. Aínda así, o claro atractivo do mesmo radica no fortificado castelo de Monforte, clasificado coma Monumento Nacional e datado de finais do século XIII…

Ler máis

PR-G 268 Ruta das Olas do Mao. Galicia.

Hoxe achégovos este roteiro circular duns 7 quilómetros de lonxitude polo Parque Natural do Xurés e con zona de baño incluída, para que non se diga! Entre os seus principais atractivos, alén das cativadoras paisaxes, temos a aldea de Puxedo, un conxunto de muíños ben conservados, tramos de pasarelas de madeira, curiosas formacións rochosas, numerosas…

Ler máis

Ruta da Floresta Encantada de Salto. Portugal.

Circular e cuns 11 quilómetros de lonxitude aproximada, este roteiro non deixa indiferente a ninguén. E é que son tan múltiples os seus encantos coma a variedade paisaxística que nos ofrece. Descubriremos a grandeza que outrora deberon vivir aldeas barrosás coma a de Paredes, Corva e Salto, lugares nos que vos convido a perdervos polas…

Ler máis

Camiño da Geira e dos Arrieiros. De Braga a Santiago de Compostela. Tramo entre Berán e Pazos de Arenteiro.

Xa fai un tempo que compartín con vós cada metro cadrado deste camiño de 240 quilómetros no que beleza e historia van da man de principio a fin. Pero como sabedes que son teimuda, para os que aínda estades a pensar se vos animades ou non, aquí vos deixo un tramo pequeniño de pouco máis…

Ler máis

Subida ao monte de San Nomedio dende a igrexa de Taboexa. Concello de As Neves. Galicia. Parte 2.

Se a última vez procedía coa descripción deste fermoso roteiro, hoxe vou adicar unha segunda entrada as súas curiosidades, que ben a merecen xa que a zona conta cunha historia de miles de anos! Comecemos polo Castro de Altamira, onde non faltan petroglifos e gravados rupestres. Este foi obxecto dun intenso espolio e está documentado…

Ler máis