Vía Nova ou Vía XVIII. De Bracara Augusta a Asturica Augusta. Tramo entre Portela de Homem e A Portaxe.

Nesta etapa duns 17 quilómetros escasos de lonxitude entraremos en terras galegas, mudando as paisaxes do Peneda-Gerês polas do Xurés. No noso camiño atoparemos restos desta antiga vía coma a Mutatio de As Mouruás, numerosos miliarios e a Mansio romana de Aquis Ogeresibus. Tamén un valioso patrimonio etnográfico nas aldeas de Vilameá, Pazos, Ribas de…

Ler máis

Vía Nova ou Vía XVIII. De Bracara Augusta a Asturica Augusta. Tramo entre Santa Comba e Ponte Liñares. Galicia.

Esta etapa, duns 20 quilómetros de lonxitude, presume de valiosas xoias entre as que destacan especialmente pola súa singularidade a igrexa de Santa Comba ou dentro do patrimonio etnográfico as pozas de aire de Vilela. Igrexas, capelas, cruceiros, eiras de canastros de madeira, antigos lavadoiros, fornos comunitarios e unha curiosa ponte son tan só algúns…

Ler máis

Gran ruta transfronteiriza Gerês- Xurés. Galicia.

Se onte vos deixaba cunhas fotiños da GR 50, que atravesa o maxestuoso parque nacional portugués, hoxe vouvos falar da parte galega que pecha o círculo ao longo do fermoso parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Cuns 120 quilómetros de lonxitude, este percorrido dividido en 6 etapas vai dende Tourém a Maus de Salas, de…

Ler máis

GR 50. Portugal.

Se fai uns días vos deixaba unha serie de suxerencias para refrescarvos no Peneda-Gerês, hoxe volto á carga cunha proposta máis ambiciosa. Esta gran ruta ten nada menos que uns 190 quilómetros de lonxitude, divididos en 19 etapas, que nos levan a descubrir infinitos tesouros agochados neste engaiolante parque nacional. Un incalculable patrimonio etnográfico, aldeas…

Ler máis

PR 9. Trilho de Castelo de Monforte. Chaves. Portugal.

Este roteiro circular, duns 11 quilómetros de lonxitude, lévanos a coñecer a través de camiños en perfecto estado de conservación e con boa sinalización, aldeas coma a de Avelelas ou Sobreira. Aínda así, o claro atractivo do mesmo radica no fortificado castelo de Monforte, clasificado coma Monumento Nacional e datado de finais do século XIII…

Ler máis

Ruta da Floresta Encantada de Salto. Portugal.

Circular e cuns 11 quilómetros de lonxitude aproximada, este roteiro non deixa indiferente a ninguén. E é que son tan múltiples os seus encantos coma a variedade paisaxística que nos ofrece. Descubriremos a grandeza que outrora deberon vivir aldeas barrosás coma a de Paredes, Corva e Salto, lugares nos que vos convido a perdervos polas…

Ler máis

Camiño da Geira e dos Arrieiros. De Braga a Santiago de Compostela. Tramo entre Berán e Pazos de Arenteiro.

Xa fai un tempo que compartín con vós cada metro cadrado deste camiño de 240 quilómetros no que beleza e historia van da man de principio a fin. Pero como sabedes que son teimuda, para os que aínda estades a pensar se vos animades ou non, aquí vos deixo un tramo pequeniño de pouco máis…

Ler máis