PR-G 234. Ruta dos Pazos e Ponte Taboada.

Este roteiro lineal dunha lonxitude aproximada de 15 quilómetros, parte da vila de Lalín, á altura do paseo do río Pontiñas, e remata en Ponte Taboada. Neste traxecto descubriremos os pazos de Bendoiro, adicado á hostelaría actualmente, o de Eirixe e o de Liñares, que alberga no seu interior un fascinante museo do xoguete do…

Ler máis

Trilho da Misarela. Montalegre. Portugal.

Este percorrido circular de 10 quilómetros de lonxitude ten unha clarísima protagonista, a ponte da Misarela, tamén coñecida coma “Ponte do Diabo”. Edificada na Idade Media sobre as augas do río Rabagão, a esta construcción non lle falta nin historia, nin lenda, nin festa propia! No que respecta á historia, foi testemuña dunha sanguenta batalla…

Ler máis

Río Tea. Camiño de Taverneiro. Etapa 2: de Ponteareas a Pazos de Borbén.

O derradeiro día falábavos dos tesouros da vila de Ponteareas e hoxe imos comezar á beira do río Tea, que xa foi o noso compañeiro de viaxe na primeira etapa tamén. Alén da súa beleza paisaxística e da rica flora e fauna que o habita, este tramo da senda amosaranos as ruínas dunha antiga central…

Ler máis

Ponteareas. Camiño de Taverneiro. Etapa 2: de Ponteareas a Pazos de Borbén.

Esta etapa, ao igual que a anterior, xa nos amosa moitos puntos de interese nada máis comezar, como a Igrexa de San Miguel e o cruceiro situado a súa beira. Como curiosidade, dicir que o cruceiro se atopa sobre uns penedos procedentes da praia da Lanzada, e que a figura que ten sen cabeza agora…

Ler máis

Ponte das Partidas, peto de ánimas, cruceiro e Igrexa de Angoares. Camiño de Taverneiro. Etapa 1: de Salvaterra a Ponteareas.

Voltando ao río Tea, hoxe comezamos coa fermosa Ponte das Partidas, que cruza as súas augas ao longo do noso percorrido e que conta cunha orixe romana e un nome cando menos curioso. Recoméndovos atravesala e deleitarvos coa súa imaxe dende a praia fluvial da outra beira. E se fai bo tempo aproveitar para refrescarvos…

Ler máis

Parque da Canuda. Illa e Ponte de Fillaboa. Río Tea. Camiño de Taverneiro. Etapa 1: de Salvaterra a Ponteareas.

O outro día xa vos amosei algúns dos tesouros que garda esta etapa xa na súa saída e hoxe volto á carga con máis! Ao carón da fortaleza de Salvaterra, podemos atopar o parque máis grande de toda Galicia, o da Canuda, con nada menos que 200.000 metros cadrados con todo o que vos poidades…

Ler máis

Sendeiro Río Miño-Deva. Concello de Arbo.

Este pequeno traxecto lineal duns 3 quilómetros de lonxitude ida e volta, comunica o entorno da praia fluvial da Estación, no río Miño, coa praia fluvial de San Xoán, no río Deva. A través dun fermoso e variado bosque autóctono, coñeceremos a ponte románica de San Xoán de Mourentán, da que xa vos falei anteriormente,…

Ler máis

Ponte de Pontevea. O camiño da Geira e dos Arrieiros.

Esta fermosa ponte, lugar de paso deste Camiño de Santiago, atravesa as augas do río Ulla, o terceiro máis longo deste percurso de 240 quilómetros de lonxitude.Esta obra arquitectónica foi de grande importancia no pasado, proporcionando unha comunicación polo interior entre o norte e o sur de Galicia. É esta a razón do seu nome….

Ler máis