Costa Vicentina-Ruta dos Pescadores. De Cabo de São Vicente á Praia da Salema. Portugal.

Ahí vos vai a segunda entrega deste roteiro de longo percorrido. Con pouco máis de 27 quilómetros de lonxitude, este tramo de hoxe conta con paisaxes do máis variopintas. Curiosas formacións rochosas, belas praias, espectaculares cantís e lugares singulares coma Sagres ou o cabo de São Vicente son tan só algúns dos seus múltiples atractivos….

Ler máis

Costa Vicentina- Ruta dos Pescadores. De Lagos á Praia de Salema. Portugal.

Aquí tedes a primeira entrega! Case 24 quilómetros en total de auténtica beleza! Unha costa abrupta, fermosas praias, sendeiros de conto e moito sube e baixa! Este traxecto une as dúas últimas etapas que vos citei na descrición xeral deste roteiro de longo percorrido. Aquí vos van unhas fotiños á espera de que vos gusten!

Ler máis

Camiño dos Faros. Etapa 7. De Muxía a Nemiña.

Nesta ocasión partiremos de Muxía, localidade que merece sobradamente unha visitiña a fondo, para levar a cabo os 26 quilómetros que nos deixarán en Nemiña. Non vou dicir que sexa unha etapa doada, de feito a parte inicial ata a Praia de Moreira é especialmente dura, e non só polas subidas e baixadas senón tamén…

Ler máis

Camiño dos Faros. Etapa 2. De Niñóns a Ponteceso.

Nesta etapa duns 28 quilómetros de lonxitude, percorreremos variadas paisaxes cun denominador común, a súa beleza sen igual. Acolledoras praias, espectaculares acantilados, complexos dunares e a desembocadura do Anllóns serán algúns dos atractivos deste tramo. Tamén a aldea e o faro do Roncudo, as rochas onde os percebeiros levan a cabo o seu difícil traballo,…

Ler máis

Praias da Costa da Morte

A Costa da Morte, coñecida deste xeito debido aos centos de naufraxios que tiveron lugar nas súas augas, conta con praias inmensas e outras máis pequenas, impoñentes acantilados, fortes correntes e augas rebeldes. Aquí, quen manda é o mar, o que queda máis que claro co Cemiterio dos Ingleses e coa morea de santuarios nela…

Ler máis

Illas Cíes

E continuamos traballando as illas e aproveitando o bo tempo! Hoxe tocan as Cíes, que máis que coñecidas e valoradas, contan cunha beleza indescriptible e unhas praias idílicas. Ao igual que as illas Ons e a de Tambo das que vos falei fai nada, tamén é preciso embarcarse para chegar a estas. Pódese saír dende…

Ler máis