Soajo. Parque Nacional Peneda-Gerês. Portugal.
Se fai uns días vos falaba de Lindoso e da súa colección de “espigueiros”, a maior de toda a península, hoxe vou colocar sobre o mapa Soajo, que conta cun número menor deles pero coa peculiaridade de estar construídos totalmente en granito e sobre un enorme afloramento rochoso. Alén diso, tamén presenta un enigmático “pelourinho”…
