Sendeiro Aldea de Saa- Ruxidoiro. Concello de Vilar de Santos. Galicia.

Circular e cuns 8 quilómetros de lonxitude, este camiño lévanos a coñecer a través dun fermoso bosque autóctono, a aldea de Saa, abandona en 1969 e hoxe en día rehabilitada. A súa entrada podemos apreciar unhas boas marcas nas rúas de pedra das rodas dos carros de outros tempos. Polo Ruxidoiro atoparemos restos de muíños…

Ler máis

Roteiro arqueolóxico etnográfico de Armea e Santa Mariña de Augas Santas. Allariz. Galicia.

A xente sempre se sorprende cando me pregunta polas miñas rutas favoritas e lles falo desta, circular duns tres quilómetros de lonxitude. Pois ben, é certo que é moito máis curta das que adoito facer, pero hai camiños e camiños por onde ampliala en caso de querer, é apta para todos os públicos, carece de…

Ler máis

Camiño da Geira. De Portela do Homem a Campo do Gerês. Portugal.

Aquí tedes outro dos meus roteiros favoritos. Aínda que forma parte do trazado do Camiño da Geira e dos Arrieiros, xa o percorrera moito antes e teño que recoñecer que a súa beleza foi o pulo que precisaba para decidirme co camiño. Dende o Museo Etnográfico de Campo do Gerês até a Portela do Homem…

Ler máis

Roteiro polo concello de Allariz e a beira do río Arnoia. Galicia.

Hoxe vouvos presentar unhas das miñas rutas habituais ao lado da casa. Partindo de Allariz, comezaremos desfrutando dos reflexos das árbores nas augas do Arnoia até chegarmos á primeira aldea, As Quintas de San Trocado, que nos sorprende coas súas casas típicas galegas, o seu lavadoiro e a súa eira de canastros, na que conviven…

Ler máis

Ruta de sendeirismo de Frei Martín Sarmiento. Concello de Cerdedo-Cotobade. Galicia.

Circular e con 12 quilómetros escasos de lonxitude, este roteiro debe o seu nome ao feito de pasar por diante da casa paterna de Frei Martín Sarmiento. Percorre o fermoso val de Cerdedo, dándonos a coñecer lugares coma Lourido, Revolta, Cabenca, Meilide, Carballás e Barro que nos brindarán algunha que outra sorpresa co seu patrimonio….

Ler máis

Ruta de sendeirismo de Frei Martín Sarmiento. Concello de Cerdedo-Cotobade. Galicia.

Como comprenderedes, este roteiro ben merece unha primeira parte que faga referencia á persoa á que está adicado. E é que Frei Martín Sarmiento (1695-1772) está considerado o primeiro en reivindicar o idioma galego, desvelar a identidade diferenciada do pobo galego e interpelar a consciencia histórica de Galicia, sentando as bases do galeguismo contemporáneo. Escritor…

Ler máis