Vía Nova ou Vía XVIII. De Bracara Augusta a Asturica Augusta. Tramo entre Ponte Liñares e a Saínza. Galicia.

Xa non é a primeira vez que vos falo desta antiga vía romana, inaugurada no ano 79 e cun trazado de 215 millas ou, aproximadamente, uns 325 quilómetros. É unha das calzadas romanas mellor conservadas, que conta no seu maxistral trazado con magníficas pontes e máis de 200 miliarios documentados. Hoxe achégovos o tramo comprendido…

Ler máis

Soajo. Parque Nacional Peneda-Gerês. Portugal.

Se fai uns días vos falaba de Lindoso e da súa colección de “espigueiros”, a maior de toda a península, hoxe vou colocar sobre o mapa Soajo, que conta cun número menor deles pero coa peculiaridade de estar construídos totalmente en granito e sobre un enorme afloramento rochoso. Alén diso, tamén presenta un enigmático “pelourinho”…

Ler máis

O camiño da Geira e dos Arrieiros. De Braga a Santiago de Compostela.

Sodes moitos os que me preguntades por este camiño de Santiago, tan pouco coñecido aínda pero fermoso coma o que máis. E a miña resposta é sempre a mesma: non podería recomendarvos outro mellor! Cargadiño de historia de principio a fin, xa que une a antiga vía Nova romana (tamén coñecida coma vía XVIII e…

Ler máis

O Camiño do Monxe. Etapa 6. De Maceda a Montederramo. Ribeira Sacra. Galicia.

Cuns 23 quilómetros de lonxitude, esta etapa lévanos dende Maceda a Montederramo, compartindo unha parte do seu trazado coa antiga vía Nova e deleitándonos cunhas fermosas panorámicas da Serra de San Mamede ata chegar ao esplendoroso mosteiro que colocará a guinda a este pastel. Tamén coñeceremos aldeas coma a de Tioira, A Costa ou Moás,…

Ler máis

Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo. O Camiño do Monxe. Etapa 5. De Esgos a Maceda. Ribeira Sacra. Galicia.

Esta xoia da Ribeira Sacra foi fundada como cenobio benedictino no século XII, aínda que logo pasou a pertencer á orde do Císter, da man do veciño mosteiro de Montederramo. A súa igrexa constitúe un dos mellores exemplos do románico cistercense ourensán. Destacan no seu interior un altar pétreo, uns singulares capiteis con ameas, a…

Ler máis

O Camiño do Monxe. Etapa 5. De Esgos a Maceda. Ribeira Sacra. Galicia.

Cuns 20 quilómetros de lonxitude, esta etapa decorre por variados camiños achegándonos a monumentos coma o mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo ou o castelo de Maceda.Tamén nos fai conscientes da presencia e relevancia de antigos oficios tradicionais, algúns deles presentes aínda na actualidade, coma o dos alfareiros de Niñodaguia, e outros xa…

Ler máis

Mosteiro de San Pedro de Rocas. O camiño do Monxe. Etapa 4. De Santo Estevo a Esgos. Ribeira Sacra. Galicia.

Ubicado no monte Barbeirón e rodeado de formacións rochosas das que tomou o seu nome, estamos ante unha edificación prerrománica que sorprende pola súa orixinalidade construtiva, pola beleza da súa localización e pola excepcional integración na natureza. Sobra dicir que os nosos ancestros souberon sacar proveito das formas naturais das rochas, esculpidas pola erosión, dando…

Ler máis

Igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil. O camiño do Monxe. Etapa 3. De Parada de Sil a Santo Estevo. Ribeira Sacra. Galicia.

Esta xoia datada do século XII é o actual templo parroquial de Santo Estevo. Destacan no seu interior o retablo mor e os retablos relicarios, de 1594 e obra de Juan de Angés, a quen tamén debemos a sillería do coro alto. Nestes últimos consérvanse os restos dos Santos Bispos, e foi onde se atoparon…

Ler máis