Camiño de Taverneiro. Etapa 5. De A Chan a Pedre.

Cuns 12 quilómetros escasos de lonxitude, esta etapa comeza atravesando a aldea de A Chan, na que coñeceremos a curiosa capela de San Roque. A partir de aquí un fermoso sendeiro dará paso a un tramo pola estrada, de algo máis de tres quilómetros, que remata á altura da fermosa igrexa de San Gregorio de…

Ler máis

Pedre. Concello de Cerdedo-Cotobade. Camiño de Taverneiro.

Como vos dicía o outro día cando vos describía a miña quinta etapa deste camiño, Pedre é unha aldea ben merecedora dunha publicación propia. As súas construcións antigas, aínda que moitas delas sen vida hoxe en día, exemplifican á perfección a arquitectura tradicional galega. Tamén conta cunha das eiras de canastros máis importantes de toda…

Ler máis

Camiño de Taverneiro. Etapa 6. De Pedre a Codeseda.

Decirvos que nestes 14,5 quilómetros de lonxitude teremos un pouco de todo. Durante a primeira metade do percorrido seremos sorprendidos por xoias coma a ponte de Pedre, a capela de San Lourenzo co seu pombal e cruceiros, a capela da Purísima Concepción e San Benito, a capela de San Xosé, o conxunto de Santo Tomé…

Ler máis

Camiño de Taverneiro. Etapa 6. De Pedre a Codeseda.

Conxunto de Serrapio. Como vos dicía o outro día, neste tramo existen varios puntos de interese que non poden quedar sen un pouco máis de protagonismo, e este é un deles. Alén da fermosa panorámica do val que nos ofrece dende o alto e as súas casas antigas, claro exemplo da arquitectura tradicional galega, nesta…

Ler máis

Camiño de Taverneiro. Etapa 6. De Pedre a Codeseda.

Conxunto de Santo Tomé de Quireza. Se o último día vos deixaba co conxunto arquitectónico de Serrapio, o seguinte que captará sen lugar a dubidas a nosa atención será o de Santo Tomé de Quireza, ubicado no lugar de Os Castros, aínda no concello de Cerdedo-Cotobade. Á nosa entrada atoparemos un maxestuoso cruceiro que dará…

Ler máis

Camiño de Taverneiro. Etapa 4. De Ponte Caldelas a A Chan.

Con 15 quilómetros escasos de lonxitude, esta etapa parte da fermosa vila de Ponte Caldelas, a cal atravesa ata deixarnos na estrada pola que ascenderemos uns 3 quilómetros ata un camiño de terra que nos adentra na vexetación. Pero non remata aquí a subida, a cal se mantén ata preto do quilómetro 9. Será no…

Ler máis

Camiño de Taverneiro. Etapa 8. De A Estrada ata Pontevea.

Con pouco maís de 13 quilómetros de lonxitude, partiremos da praza da Constitución de A Estrada, na que veremos a casa do Concello, deseñada no ano 1904 por un arquitecto vigués, e tamén un monumento ao peregrino. Un pouquiño máis adiante un chamativo cruceiro que nos encamiñará cara un bosque variopinto, estreitos cursos de auga,…

Ler máis

Camiño de Taverneiro. Etapa 3. De Pazos de Borbén a Ponte Caldelas.

Con pouco máis de 18 quilómetros de lonxitude, esta etapa levaranos por lugares coma A Ermida, Moscoso, A Curuxeira, o encoro de Eiras, Barbudo, Rebordelo e Covelo. Será múltiple e variado o patrimonio que ao noso paso atoparemos. Petos de ánimas, cruces e cruceiros, canastros, igrexas, capelas e singulares casas, serán algúns dos nosos compañeiros…

Ler máis

Camiño de Taverneiro. Etapa 3. De Pazos de Borbén a Ponte Caldelas.

Barbudo, Rebordelo e Ponte Caldelas. Partindo da aldea de Barbudo, unha pronunciada subida pola estrada será a que nos ofreza unha fermosa panorámica do lugar, ata comezar o noso descenso cara Rebordelo. Será un peto de ánimas de tres corpos o primeiro en recibirnos aquí, pero non o derradeiro. E continuamos así cara Covelo achegándonos…

Ler máis