Camiño de Taverneiro. Etapa 9. De Pontevea a Santiago de Compostela.

Con tendencia predominantemente ascendente, facemos fronte a esta etapa duns 19 quilómetros adentrándonos en Pontevea e collendo cara Reis, onde a súa igrexa e cruceiro captarán a nosa atención. Pero non serán os únicos, xa que despois destes coñeceremos os de Rarís, Recesende e A Igrexa, a través de camiños asfaltados e algún que outro…

Ler máis

Camiño de Taverneiro. Etapa 3. De Pazos de Borbén a Ponte Caldelas. Pazos de Borbén, A Ermida, Moscoso e Calvos.

O noso punto de partida nesta terceira etapa será Pazos de Borbén, onde chama especialmente a atención a arquitectura de certas casas, ao igual que na Ermida e en Moscoso. Moitas delas feitas a cabo por emigrantes retornados e con características que as fan singulares e, dende o meu punto de vista, realmente fermosas. Pero…

Ler máis

Cruceiros, petos de ánimas, capelas e igrexas. Camiño de Taverneiro. Etapa 2: de Ponteareas a Pazos de Borbén.

Onte deixábavos á altura do cruceiro do Cristo do Piñón, onde abandonábamos as augas do río Tea para descubrir aldeas coma A Portela, As Cortellas ou O Mosteiro ata a nosa chegada a Pazos de Borbén. Os atractivos desta parte do camiño tamén son múltiples e variados, e un claro exemplo do valioso patrimonio do…

Ler máis

Río Tea. Camiño de Taverneiro. Etapa 2: de Ponteareas a Pazos de Borbén.

O derradeiro día falábavos dos tesouros da vila de Ponteareas e hoxe imos comezar á beira do río Tea, que xa foi o noso compañeiro de viaxe na primeira etapa tamén. Alén da súa beleza paisaxística e da rica flora e fauna que o habita, este tramo da senda amosaranos as ruínas dunha antiga central…

Ler máis

Ponteareas. Camiño de Taverneiro. Etapa 2: de Ponteareas a Pazos de Borbén.

Esta etapa, ao igual que a anterior, xa nos amosa moitos puntos de interese nada máis comezar, como a Igrexa de San Miguel e o cruceiro situado a súa beira. Como curiosidade, dicir que o cruceiro se atopa sobre uns penedos procedentes da praia da Lanzada, e que a figura que ten sen cabeza agora…

Ler máis