Os camiños da Geira e dos Arrieiros! 😍❤️

Este camiño está cargado sen dúbida algunha de historia e patrimonio etnográfico e arquitectónico, pero sobre todo de natureza! Os seus pintorescos sendeiros, os animaliños que van saíndo ao paso, a música dos ríos que atravesa e o aire puro, son sen dúbida un grande atractivo para os que, ao igual ca min, sodes felices…

Ler máis

O Camiño da Geira e dos Arrieiros. De Castro Laboreiro a Cortegada.

Partindo da vila de Castro Laboreiro, con grande patrimonio histórico e arquitectónico, chegaremos á fronteira da man dos impoñentes penedos da planicie de Laboreiro, de pintorescos sendeiros e de aldeas con encanto como Portelinha. Será a partir de aquí, cando o asfalto se convertirá no camiño predominante, agasallándonos con fermosas panorámicas nunha primeira parte e…

Ler máis

O Camiño da Geira e dos Arrieiros. De Pontevea a Santiago de Compostela.

Con tendencia predominantemente ascendente, facemos fronte a esta etapa duns 19 quilómetros adentrándonos en Pontevea e collendo cara Reis, onde a súa igrexa e cruceiro captarán a nosa atención. Pero non serán os únicos, xa que despois destes coñeceremos os de Rarís, Recesende e A Igrexa, a través de camiños asfaltados e algún que outro…

Ler máis

O Camiño da Geira e dos Arrieiros. De Lobios a Castro Laboreiro.

Partindo da vila de Lobios, comezamos o noso camiño a través do Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés, onde atravesaremos Feira Vella, Entrimo, Ferreirós e A Pereira por pintorescos sendeiros que nos achegan á fronteira, rodeándonos de espectaculares formacións rochosas e adentrándonos no territorio do Parque Nacional Peneda-Gerês. Xa no lado portugués, coñeceremos a…

Ler máis

A Corga da Fecha. O camiño da Geira e dos Arrieiros. De Portela do Home a Lobios.

Como vos contaba o outro día cando vos falei desta etapa, un dos seus atractivos é a caída de auga da Corga da Fecha. Entre o quilómetro cinco e seis do percorrido, desviándonos uns metros á dereita nun dos cruces de camiños, podemos desfrutar da vertixinosa baixada destas augas, que forman ao seu paso pozas…

Ler máis

O camiño da Geira e dos Arrieiros. De Portela do Home a Lobios.

Esta etapa duns 13,5 quilómetros, adéntranos en terras galegas onde descubriremos restos romanos coma a Mutatio de As Mouruás, algún que outro miliario e a mansión romana de Aquis Ogerisibus. Tamén valioso patrimonio etnográfico nas aldeas de Vilameá, Pazos e a propia vila de Lobios. Acompañarannos no noso percorrido, espectaculares paisaxes coma a que nos…

Ler máis

O camiño da Geira e dos Arrieiros. Do Museu Etnográfico de Campo do Gerês a Portela do Homem.

Nesta etapa de pouco máis de 12 quilómetros, coñeceremos a pintoresca aldea de Campo do Gerês, dende onde os miliarios das millas XXVIII, XXX, XXXI, XXXII, XXXIII e XXXIV nos levarán a través da exuberante vexetación da Mata de albergaría. Pero non debemos esquecernos de outras protagonistas deste tramo, as augas do río Homem, que…

Ler máis

A Casa de Real. O camiño da Geira e dos Arrieiros. De Caldelas a Terras de Bouro.

Falábavos fai un tempo dunha impresionante casa que se atravesa literalmente ao longo deste camiño, grazas a información que me proporcionaron sobre a mesma. Pois ben, hoxe teño que agradecer ao seu actual propietario así coma a persoa que non só ma amosou, senón que tamén me contou parte da súa historia, o poder ver…

Ler máis